Foro de Financiamento IberoBio no Blue Zone Forum (Cádiz)
Do 26 de setembro de 2025 ao 30 de xullo de 2026
Os sete proxectos emprendedores, procedentes de diversos sectores da economía, destacaron tanto polo seu alto potencial de innovación como pola solvencia técnica dos seus equipos humanos, integrados por perfís do ámbito da innovación universitaria e de empresas de base tecnolóxica.
As empresas participantes valoraron como de gran interese a posibilidade de expoñer os seus proxectos ante investidores e entidades financeiras, ademais de recibir recomendacións para mellorar os seus plans de negocio e fortalecer as súas capacidades de captación de financiamento.
Neste foro participaron as empresas NeutronInsights, Proa2Health, Inverbis, FlowReserve, Marisma Biomed, SeaBites Pet Care e Innovamar Tech, que tamén mantiveron reunións bilaterais con investidores, explorando novas oportunidades de colaboración.
Con este encontro, IberoBio reafirma o seu papel como catalizador de innovación e competitividade na Eurorrexión, favorecendo a creación de sinerxías entre ciencia, empresa e investimento e abrindo novas vías para o crecemento do ecosistema biotecnolóxico ibérico.
En paralelo, no marco do Blue Zone Forum, Iberobio celebrou a súa 13ª reunión de socios consolidando a cooperación transfronteiriza en biotecnoloxía e poñendo en valor as ferramentas desenvolvidas no proxecto.
Durante a reunión, os socios realizaron un repaso das actuacións levadas a cabo ata a data e traballaron na estruturación dos resultados con vistas á súa difusión. Ademais, planificouse o calendario de próximos eventos en Galicia e Salamanca, e a Xornada de Peche en Braga, que servirá de colofón a esta etapa de traballo conxunto.
Un dos aspectos clave tratados foi a continuidade da Rede IberoBio máis aló do proxecto, asegurando a actualización e mantemento das súas ferramentas e explorando novas oportunidades de financiamento que garantan a sustentabilidade da cooperación no ámbito ibérico biotech.